

O entroido é unha festa que ten unha arraigada tradición en todos os lugares de Galicia, como non, tamén no noso Concello. A xente xúntase para xantar o cocido feito con carne de porco, gracias a asociación cultural "Horticelos", aínda os nenos e nenas continúan a vestirse con disfraces e celebrar as súas festas que agora son amenizadas por "disc jockeys", continúan os mozos e mozas a tirarse fariña e ovos, os máis modernos tamén "kechup", porque no fondo xa estamos un pouco americanizados, pero aínda así a xente continúa por sorte con esta tradición que dende séculos é unha maneira de "catarsis" dentro da rutina da vida, unha paréntese onde todo (ou case todo) está permitido, onde cada quen pode soñar que é o que lle gustaría ser, aínda que logo o dar as doce campanadas volte todo a normalidade.
A festa de entroido deste ano foi un éxito, dar as gracias a todos os pais e nais que todavía creen na ilusión de cos seus fillos e fillas compartan e medren perto das tradicións, perto dos demais nenos e nenas, compartindo a ilusión dun día, merendando as famosas orellas do "arume" e bailando ata a posta do sol.
Estas experiencias de neno/a non se esquecen e permanecen no recordo deixándonos levar mellor a vida, de por sí díficil cando somos adultos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario