Enderezo: As Pontes s/N

27340 Bóveda (Lugo)

teléfono/fax: 982/426177

e-mail:
cultura@concellodeboveda.com

13 noviembre 2009

ACTUACIÓN DOS REGUEIFEIROS PINTO D´HERBÓN E BIEITO LOBARIÑAS EN BÓVEDA




Hoxe venres día 13 de novembro no programa "Letras Vivas" da Axencia Municipal de Lectura tivemos o pracer de contar cuns Regueifeiros do "Centro Veciñal e Cultural de Valladares" (Vigo). Unha veintena de nenos e nenas poideron disfrutar dun obradoiro de creación de Regueifas.


Para os que non saibades o que son as Regueifas decirvos que Regueifa é un PAN DE VODA, un pan que se comía nas bodas. A tradición dí que cando chegaba a hora de xantar o pan, establecíanse unha especie de discusión en verso que remataba cando algún dos disputantes non eran capaces de rimar a estrofa anterior, algo moi parecido ó "Cantar de Cegos". O que gañaba tiña que repartir o pan e por suposto que lle tocaba a millor parte. Estas Regueifas con outro nome son moi coñecidas tamén en outros países, nalgúns, ensinan ós nenos/as a facelas dende moi cativos. Hoxe contribuímos deste xeito a que non morran e formen parte do noso patrimonio lingüístico.






No hay comentarios:

Actividades de verán

Actividades de verán
Campamento para nenos/as a partir de 3 anos. De luns a venres de 10:00 h a 13:30 h