Enderezo: As Pontes s/N

27340 Bóveda (Lugo)

teléfono/fax: 982/426177

e-mail:
cultura@concellodeboveda.com

28 diciembre 2009

Globoflexia polo NADAL




Hoxe día 29 os nenos e nenas de Bóveda poideron realizar globoflexia durante dúas horas na Axencia de Lectura Municipal. 32 nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos estiveron acompañados polos monitores do centro sociocultural e da empresa Vitae Animación.

21 diciembre 2009

Éxito rotundo no Obradoiro de Alfabetización Dixital do Concello de Bóveda

O Obradoiro de "Alfabetización Dixital" que tivo lugar o día 11 de decembro no TELECENTRO do Concello de Bóveda foi todo un éxito, de feito xa estamos pensando en programar algún curso de informática para o ano 2010.
Interesados nas clases de informática para adultos contactar co Concello no 982/426006 ou no Centro Sociocultural no 982/426177

14 diciembre 2009

Nadal en saúde


Visita ó Balneario de Ferreira "Augas Santas"
Venres día 18 ás 16:00 h sairá un autocar de diante do Concello
Custo: 7 €
Inclúe: Viaxe de ida e volta, dúas horas de circuíto termal e merenda no Balneario
Apuntarse antes do día 17
982/426006 Delegación de Cultura


09 diciembre 2009

CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL







Para os que non sabedes nada de informática nin de internet aínda estades a tempo

VENRES 11 ÁS 16:30 h
TELECENTRO DO CONCELLO
16 PRAZAS
GRATUÍTO



03 diciembre 2009

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2009


Ola, un ano máis temos o pracer de presentarvos a programación de Nadal, este ano dende este Blog que dende pouco máis dun mes vai contaros as andanzas deste pequeno Municipio do interior rural de Galicia, resalto o de interior rural para facer ver que o rural tamén existe, ten vida,-¡ polo menos de momento! e ten nenos, nenas, xente moza (pouca), de mediana idade e anciáns dispostos a gozar da súa vida en plenitude. Así que para mostra, a programación de Nadal, -¡que non está mal para unha vila de apenas 1. 600 habitantes!.
  • SÁBADO DÍA 12 TEATRO, o grupo de teatro "Nova Escea" realizará a obra titulada "Pensión 13" ás 20:00 h /Centro sociocultural.
  • MARTES DÍA 15 POESIA "VENTOS" con Mela Casal /ás 17:00 h Axencia de Lectura Municipal.
  • VENRES DÍA 18 MAXIA CONTRA CIENCIA ÁS 12:00 h /Colexio Rosalía de Castro.
  • VENRES DÍA 18 VIAXE Ó BALNEARIO DE FERREIRA"Augas Santas"- 7 € inclúe: ida e volta, circuíto termal de dúas horas de duración e merenda. Prazas limitadas. Inscrición no Concello ata o día 17. Saída ás 16:00 h diante do Concello.
  • SÁBADO DÍA 19 VISITA A FERREIRA saída ás 18:00 h /Centro Sociocultural participación dos nenos/as de Música nun certame de panxoliñas.
  • SÁBADO DÍA 19 ACTUACIÓN DO MAGO RAFA/Centro Sociocultural ás 20:00 h
  • LUNS DÍA 21 - CANTAR OS REIS/17:00 h /Centro Sociocultural/Chocolatada ás 19:00 h no Chamouco.
  • MARTES DíA 22- Beléns con material de refugallo/Axencia de Lectura ás 17:00 h
  • MÉRCORES DÍA 23-CONCERTO-Recital de poesía con MÚSICA BARROCA/Axencia de Lectura ás 17:00 h
  • MÉRCORES DÍA 23 -VISITA DE PAPA NÖEL/Axencia de Lectura ás 18:00 h
  • SÁBADO DÍA 26-ACTUACIÓN DO MAGO CARLOS de Rubián/Centro Sociocultural ás 20:00 h
  • LUNS DÍA 28-OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA (Maiores de 6 anos), GOMA EVA (pequenos)/Axencia de Lectura ás 17:00 h
  • MARTES DÍA 29-OBRADOIRO DE GOMA EVA (Maiores de 6 anos), ADORNOS DE NADAL (pequenos)
  • MÉRCORES DÍA 30- INCHABLES TERRESTRES/Pavillón Polideportivo ás 17:00 h

XANEIRO DÍA 5

  • CABALGATA DE REIS ÁS 16:30 h
  • Actuación do Grupo de Danza Municipal e da Banda de Gaitas.
  • Panxoliñas dos nenos/as de música.
  • ACTUACIÓN DO MAGO PABLO 17:00 h
  • Entrega dos agasallos ós nenos/as no Centro Sociocultural

(Este programa pode estar suxeito a cambios polo tempo.)













24 noviembre 2009

OUTONO NAS PARROQUIAS




A pesar do frío, do traballo das matanzas e de que moi pronto estaremos no Nadal, a xente das nosas parroquias ten moitas gañas de facer cousas. Así que vos informo das actividades que podedes disfrutar nas diferentes parroquias do Concello.

Ximnasia de Mantenemento. Prof. Rubén
Teilán-mércores de 11:00 h a 12:00 h
Ribas Pequenas-venres de 11:00 h a 12:00 h

Bailes de Salón
Teilán - xoves de 16:00 h a 18:00 h
Custo: 10€/mes
Interesados nestas actividades matricularse no Concello de Bóveda
máis información 982/426006 cultura@concellodeboveda.com


HISTÓRICO NADAL 2005

Posted by Picasa

HISTÓRICO TAI-CHI 2005

Posted by Picasa

HISTÓRICO SAMAÍN 2006

FOTOS DO SAMAÍN DE ANOS ANTERIORES NO CENTRO SOCIOCULTURAL
LUDOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BÓVEDA


Posted by Picasa

EUROPEADE 2008

MARTIGNY SUIZA
EUROPEADE 2008

BANDA DE GAITAS MUNICIPAL DO CONCELLO DE BÓVEDA (LUGO)





Posted by Picasa

Banda Municipal de Gaitas - Europeade 2008

Posted by Picasa

47ª EUROPEADE - BOLZANO Italia








21,22,23,24 e 25 de xullo de 2010
Festival da Europeade
O Concello de Bóveda ven de enviar a solicitude de participación para a próxima Europeade en Italia. A Banda Municipal de Gaitas participará no programa da Europeade un ano máis representando a Cultura Galega do interior rural, Banda de corte tradicional, leva funcionando dende o ano 1997. A ela pertence unha veintena de rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 24 anos. Capitaneados pola directora Marina Rodríguez están novamente ilusionados con esta viaxe, dende a OMIX queremos darlle todo o apoio necesario para que continuen levando as nosas tradicións polo mundo.

23 noviembre 2009

Club de Lectura e novas tecnoloxías

Os venres no centro sociocultural a partir das 17:00 h terás asesoramento informático básico. Si todavía non estás moi posto no manexo do ordeador, pásate pola casa da cultura que o faremos máis fácil.

Estamos tentando construír un club de lectura, os venres a partir das 18:00 h. Libros recomendados para comezar:
Meniños: Os bolechas
Mozos: Crepúsculo
Maiores: El Secreto

¿Te animas?

Todos buscamos algo ...


Unha identidade compartida, a través da participación, a través dos proxectos en común, todos formamos parte do feito cultural. Todos temos a responsabilidade de conservalo, de deixar todas as tradicións para os que veñen detrás. O patrimonio inmaterial é o tesouro máis importante, o legado máis cheo de riqueza que podemos deixar os nosos fillos e temos a obriga de entregalo, tal e como chegou a nós, do mesmo xeito, a través da palabra.
Posted by Picasa

20 noviembre 2009

Enlaz-arte no Samaín de Bóveda




Polo programa "Letras Vivas" da nosa Axencia de Lectura Municipal tivemos a oportunidade de disfrutar da Compañía de Animación á Lectura "Enlaz-arte", contos teatralizados que tiveron oportunidade de disfrutar os/as máis cativos/as do noso Concello.

SAMAÍN 2009, en Bóveda "Meiga Night"




O noso Samaín chámase "Meiga Night", é unha conciliación entre o inglés e o galego, porque a cultura é importante sexa de onde sexa, e consideramos imprescindible coñecer outras culturas na sociedade actual, máis sempre tendo como referencia a nosa propia. A nosa identidade cultural pasa por celebrar esta tradición tan importante en Galicia. Moito do imaxinario social galego está cheo de meigas, lume, pantasmas, esqueletes, a Santa Compaña, etc...

Con esta actividade pretendemos a conservación destas tradicións e cos máis pequenos aprendan a valoralas.

19 noviembre 2009

18 noviembre 2009



Tempo de castañas. Tempo de magostos.

Histórico de Actividades







Campamento 2005 " A Devesa"


No verán o Concello de Bóveda organiza Campamentos para nenos de primaria e secundaria. Acompañados por monitores/as contratados polo propio Concello e disfrutando das instalacións da Xunta de Galicia a través da Oferta Concertada de Verán.








En setembro do mesmo ano 2005, inaugurouse a nova Axencia de Lectura Municipal, con fondos novos e mobiliario.














17 noviembre 2009


¿A qué conto pertence esta imaxe?


Axencia de Lectura
Participa no noso concurso, tes ata o día 23 de Nadal para contarnos a qué conto pode pertencer esta imaxe. Podes entregar unha redacción ou ben un debuxo co titulo do conto e o autor do mesmo.
¡ Sorte!
Este Nadal poderás ver unha versión na tele deste conto.
Durante o mes de Nadal por cada libro que leves en préstimo regalarémosche un Papa Nöel que poderás cambiar por regalos no mes de xaneiro.

Ludoteca Municipal do Concello de Bóveda. Un bó lugar para compartir. Mércores a partir das 5 da tarde




Outono ¡Tempo para disfrutar!





Non deixes de contemplar a paisaxe do outono, con colores máxicos e intensos...




Aproveita para saír o campo




é tempo de cogumelos, de follas de colores, de solpores chuviosos, é tempo de castañas, e tempo de Samaín, e tempo de comezar a esperar o Nadal.













16 noviembre 2009


Actividades de verán

Actividades de verán
Campamento para nenos/as a partir de 3 anos. De luns a venres de 10:00 h a 13:30 h