Enderezo: As Pontes s/N

27340 Bóveda (Lugo)

teléfono/fax: 982/426177

e-mail:
cultura@concellodeboveda.com

25 febrero 2010

LIGA POPULAR DE FÚTBOL SALA




Aberto prazo de inscrición para a Liga popular de Fútbol Sala que organiza o Concello de Bóveda.


Interesados chamar ó 982/426177


preguntar por Rubén

Reparto de papeis da obra de teatro de fin de curso


Os nenos/as de primaria da ludoteca municipal, representarán a obra:
"A outra historia de carapuchiña vermella"

19 febrero 2010




Algunhas imaxes do vivido nestes días. Esperamos que as disfrutedes moito!











Ludoteca Municipal Entroido 2010







16 febrero 2010

ENTROIDO EN BÓVEDA


























O entroido é unha festa que ten unha arraigada tradición en todos os lugares de Galicia, como non, tamén no noso Concello. A xente xúntase para xantar o cocido feito con carne de porco, gracias a asociación cultural "Horticelos", aínda os nenos e nenas continúan a vestirse con disfraces e celebrar as súas festas que agora son amenizadas por "disc jockeys", continúan os mozos e mozas a tirarse fariña e ovos, os máis modernos tamén "kechup", porque no fondo xa estamos un pouco americanizados, pero aínda así a xente continúa por sorte con esta tradición que dende séculos é unha maneira de "catarsis" dentro da rutina da vida, unha paréntese onde todo (ou case todo) está permitido, onde cada quen pode soñar que é o que lle gustaría ser, aínda que logo o dar as doce campanadas volte todo a normalidade.

A festa de entroido deste ano foi un éxito, dar as gracias a todos os pais e nais que todavía creen na ilusión de cos seus fillos e fillas compartan e medren perto das tradicións, perto dos demais nenos e nenas, compartindo a ilusión dun día, merendando as famosas orellas do "arume" e bailando ata a posta do sol.

Estas experiencias de neno/a non se esquecen e permanecen no recordo deixándonos levar mellor a vida, de por sí díficil cando somos adultos.

09 febrero 2010


Curso de Tiro con Arco

Infantil e Adultos
Lugar: Pavillón polideportivo
Comezo: Marzo 2010
Reserva a túa praza na OMIX do Concello de Bóveda

ou nos teléfonos:982/426006
982/426177

02 febrero 2010

Actividades Entroido 2010











Xaneiro
Día 27 Obradoiros de máscaras venecianas
Exposición de traballos na sala de exposicións do centro sociocultural
Febreiro
Día 3 Obradoiro de maquillaxe
Día 4 Xoves de compadres
Día 10 Disfraces/ Os duendes de Bóveda
Día 11 Xoves de comadres
Día 14 DOMINGO DE ENTROIDO
FESTA NO CENTRO SOCIOCULTURAL
17:30 H
Xogos
Karaoke
Merenda
Desfile

Premios ó disfraz máis económico, máis ecolóxico, máis imaxinativo, mellor maquillaxe e máis numeroso.

Actividades de verán

Actividades de verán
Campamento para nenos/as a partir de 3 anos. De luns a venres de 10:00 h a 13:30 h