Enderezo: As Pontes s/N

27340 Bóveda (Lugo)

teléfono/fax: 982/426177

e-mail:
cultura@concellodeboveda.com

28 diciembre 2009

Globoflexia polo NADAL




Hoxe día 29 os nenos e nenas de Bóveda poideron realizar globoflexia durante dúas horas na Axencia de Lectura Municipal. 32 nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos estiveron acompañados polos monitores do centro sociocultural e da empresa Vitae Animación.

21 diciembre 2009

Éxito rotundo no Obradoiro de Alfabetización Dixital do Concello de Bóveda

O Obradoiro de "Alfabetización Dixital" que tivo lugar o día 11 de decembro no TELECENTRO do Concello de Bóveda foi todo un éxito, de feito xa estamos pensando en programar algún curso de informática para o ano 2010.
Interesados nas clases de informática para adultos contactar co Concello no 982/426006 ou no Centro Sociocultural no 982/426177

14 diciembre 2009

Nadal en saúde


Visita ó Balneario de Ferreira "Augas Santas"
Venres día 18 ás 16:00 h sairá un autocar de diante do Concello
Custo: 7 €
Inclúe: Viaxe de ida e volta, dúas horas de circuíto termal e merenda no Balneario
Apuntarse antes do día 17
982/426006 Delegación de Cultura


09 diciembre 2009

CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL







Para os que non sabedes nada de informática nin de internet aínda estades a tempo

VENRES 11 ÁS 16:30 h
TELECENTRO DO CONCELLO
16 PRAZAS
GRATUÍTO



03 diciembre 2009

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2009


Ola, un ano máis temos o pracer de presentarvos a programación de Nadal, este ano dende este Blog que dende pouco máis dun mes vai contaros as andanzas deste pequeno Municipio do interior rural de Galicia, resalto o de interior rural para facer ver que o rural tamén existe, ten vida,-¡ polo menos de momento! e ten nenos, nenas, xente moza (pouca), de mediana idade e anciáns dispostos a gozar da súa vida en plenitude. Así que para mostra, a programación de Nadal, -¡que non está mal para unha vila de apenas 1. 600 habitantes!.
  • SÁBADO DÍA 12 TEATRO, o grupo de teatro "Nova Escea" realizará a obra titulada "Pensión 13" ás 20:00 h /Centro sociocultural.
  • MARTES DÍA 15 POESIA "VENTOS" con Mela Casal /ás 17:00 h Axencia de Lectura Municipal.
  • VENRES DÍA 18 MAXIA CONTRA CIENCIA ÁS 12:00 h /Colexio Rosalía de Castro.
  • VENRES DÍA 18 VIAXE Ó BALNEARIO DE FERREIRA"Augas Santas"- 7 € inclúe: ida e volta, circuíto termal de dúas horas de duración e merenda. Prazas limitadas. Inscrición no Concello ata o día 17. Saída ás 16:00 h diante do Concello.
  • SÁBADO DÍA 19 VISITA A FERREIRA saída ás 18:00 h /Centro Sociocultural participación dos nenos/as de Música nun certame de panxoliñas.
  • SÁBADO DÍA 19 ACTUACIÓN DO MAGO RAFA/Centro Sociocultural ás 20:00 h
  • LUNS DÍA 21 - CANTAR OS REIS/17:00 h /Centro Sociocultural/Chocolatada ás 19:00 h no Chamouco.
  • MARTES DíA 22- Beléns con material de refugallo/Axencia de Lectura ás 17:00 h
  • MÉRCORES DÍA 23-CONCERTO-Recital de poesía con MÚSICA BARROCA/Axencia de Lectura ás 17:00 h
  • MÉRCORES DÍA 23 -VISITA DE PAPA NÖEL/Axencia de Lectura ás 18:00 h
  • SÁBADO DÍA 26-ACTUACIÓN DO MAGO CARLOS de Rubián/Centro Sociocultural ás 20:00 h
  • LUNS DÍA 28-OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA (Maiores de 6 anos), GOMA EVA (pequenos)/Axencia de Lectura ás 17:00 h
  • MARTES DÍA 29-OBRADOIRO DE GOMA EVA (Maiores de 6 anos), ADORNOS DE NADAL (pequenos)
  • MÉRCORES DÍA 30- INCHABLES TERRESTRES/Pavillón Polideportivo ás 17:00 h

XANEIRO DÍA 5

  • CABALGATA DE REIS ÁS 16:30 h
  • Actuación do Grupo de Danza Municipal e da Banda de Gaitas.
  • Panxoliñas dos nenos/as de música.
  • ACTUACIÓN DO MAGO PABLO 17:00 h
  • Entrega dos agasallos ós nenos/as no Centro Sociocultural

(Este programa pode estar suxeito a cambios polo tempo.)













Actividades de verán

Actividades de verán
Campamento para nenos/as a partir de 3 anos. De luns a venres de 10:00 h a 13:30 h