Ola a todos/as os usuarios/as do Centro Sociocultural de Bóveda:
Foi un pracer compartir estes trece anos de traballo e experiencias con todos/as vos.
Bóveda significou para mín unha grandísima oportunidade de medrar como persoa e como profesional da educación e animación social.
Espero que continuedes participando e formando parte desta andaína de educación non formal no tempo libre. Eu tamén marcho, para educación, neste caso máis formal, pero asegúrovos que o vivido e aprendido nesa pequena vila, vai ser parte da miña persoa sempre e iso seguro que terá un componente engadido no meu ámbito profesional.
Nada máis, unha perta enorme para todos/as e ata logo!