Enderezo: As Pontes s/N

27340 Bóveda (Lugo)

teléfono/fax: 982/426177

e-mail:
cultura@concellodeboveda.com

04 septiembre 2010

Ata logo!














Ola a todos/as os usuarios/as do Centro Sociocultural de Bóveda:
Foi un pracer compartir estes trece anos de traballo e experiencias con todos/as vos.
Bóveda significou para mín unha grandísima oportunidade de medrar como persoa e como profesional da educación e animación social.
Espero que continuedes participando e formando parte desta andaína de educación non formal no tempo libre. Eu tamén marcho, para educación, neste caso máis formal, pero asegúrovos que o vivido e aprendido nesa pequena vila, vai ser parte da miña persoa sempre e iso seguro que terá un componente engadido no meu ámbito profesional.
Nada máis, unha perta enorme para todos/as e ata logo!

No hay comentarios:

Actividades de verán

Actividades de verán
Campamento para nenos/as a partir de 3 anos. De luns a venres de 10:00 h a 13:30 h